venres, 5 de marzo de 2021

LECTURAS RECOMENDADAS PARA O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2021

O próximo luns 8 de marzo celébrase o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.


Cando as mulleres de todos os continentes, a miúdo separadas por fonteras nacionais e diferenzas étnicas, lingüísticas, culturais, económicas e políticas, únense para celebrar o seu dia, poden contemplar unha tradición de non menos de noventa anos de loita en prol da igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento.

O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER refírese ás mulleres correntes como artífices da historia e afunde a súas raíces na loita plurisecular da muller por participar na sociedade en pé de igualdade co home.

No Antigo Testamento, no libro do Génesis xa apareceu a primeira muller en revelarse contra o home. Lilith, considerada a primeira muller de Adán, revelouse na súa contra por non considerala igual a él xa que Deus os fixera iguais do mesmo pó.

"Adán e Lilit nunca acharon harmonía xuntos, pois cando el desexaba ter relacións sexuais con ela, Lilit sentía ofendida pola postura deitada que el lle esixía. «Por que hei de deitarme debaixo de ti? —preguntaba—: eu tamén fun feita con po, e por tanto son o teu igual». Como Adán tratou de obrigala a obedecer, Lilith, encolerizada, pronunciou o nome máxico de Deus, elevouse polo aire e abandonouno. Saíndo do Edén foi a dar ás beiras do mar Rojo..."

Na antiga Grecia, Lisístrata empezou unha folga sexual contra os homes para poñer fin á guerra; na Revolución Francesa, as parisienses que pedían liberdade, igualdade e fraternidade marcharon cara a Versalles para esixir o sufraxio feminino... e así moitísimos máis sucesos ao longo de toda a historia do mundo.

Dende BIBLIOPAZOS queremos convocar ás veciñas e veciños a unirse este 8 de marzo ás activistas de todo o mundo e a poñer cada un da súa parte o necesario para transformar as vidas das mulleres alí onde se atopen.

“Mulleres líderes: Por un futuro igualitario no mundo da Covid-19”


E para que vaiades preparando este importante día do ano e vos vaiades informando do gran número de mulleres que loitan pola igualdade e de cómo facelo, deixámosvos unhas imaxes das portadas dalgúns dos libros con temática relativa á muller que podedes atopar en BIBLIOPAZOS.

Podedes vir a leelos na biblioteca, a recollelos para levar para as vosas casas e gozar deles coa vosa familia; e, de paso, animar a todo o mundo para que a través da educación e a cultura se poidan conseguir canto antes os obxectivos de igualdade de xénero que perseguimos en todo o mundo.

Temos moitos, moitos máis.

Se tes interese nalgún libro concreto podes atopalo no catálogo da biblioteca, chamarnos ao teléfono 986 497 273, ou acércarte persoalmente pola biblioteca onde te informaremos do que necesites.


Pásate por BIBLIOPAZOS
e celebra con nós o
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.