mércores, 24 de febreiro de 2021

"A MALETA" contacontos en galego e en lingua de signos - Conmemoración do Día da Lingua Materna


Continuaremos coas actividades o Venres día 26 de Febreiro cun evento organizado pola Fundación Filomena Rivero Alonso de Redondela en colaboración con BiblioPazos consistente nun contacontos en liña para conmemorar o Día Internacional da Lingua Materna que se celebra todos os anos do día 21 de febreiro.

O conto "A MALETA" será retransmitido en liña e será realizado por Aranzazu Casas e María Costa de ContAZ Lingua de signos contado en lingua galega e lingua de signos.

Está baseado no álbum ilustrado "La maleta" do autor Chris Naylor-Ballesteros editado por La Galera editorial:

"Un día un animal estranxeiro chega a un lugar con tan só unha maleta. Algúns animais empezan a facerse preguntas. Que raro! Por que está aqui? De onde vén? E que leva na maleta?

Unha emotiva historia de diversidade, de amizade, de axuda, de emigración e o valor da acollida e aceptación pola diferenza.

A actividade será retransmitida nunha primeira emisión ás 13:00 horas e irá dirixida aos escolares de Infantil da EEI "A Galeriña" de Nespereira; de Infantil e 1º a 4º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos, e aos usuarios da Asociación ASPAVI aos que se lles fará chegar o enlace para  conectarse a través de internet e poder gozar do conto.


Ás 18:00 horas haberá unha segunda retransmisión do conto que poderá ser visualizado polo público e familias en xeral que se conecten a través da páxina de Facebook da Biblioteca. Nesta ocasión o conto estará dispoñible durante unhas dúas horas, aproximadamente, para que poida ser visualizado polo maior número posible de veciños e usuarios de BiblioPazos.

VINDE A PARTICIPAR NAS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS

ESPERÁMOSVOS!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.