luns, 22 de febreiro de 2021

A FILLA DE VERCINXÉTORIX

A FILLA DE VERCINXÉTORIX
Autores: René Goscinny e Jean-Yves Ferri
Ilustradores: Alberto Uderzo e Didier Conrad
Traductores: Xavier Senín Fernández, Mª Isabel Soto López e Alejandro Tobar
Edicións Xerais de Galicia

Xénero: Literatura Infantil Galego - Cómic

Idade recomendada: +9 anos

Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Traducido de LIX do 2019

Estamos no ano 50 antes de Cristo. Toda a Galia está ocupada polos romanos... Toda? Non! Unha aldea poboada por irredutibles galos aínda segue resistindo o invasor. E a vida non é doada para as gornicións de lexionarios romanos nos reducidos campamentos de Babaórum, Aquárium, Laudánum e Petibónum... 

Os dous galos máis famosos regresan nunha nova aventura realizada, como en ocasións anteriores, polo talentoso dúo creativo formado por Jean-Yves Ferri no guión e Didier Conrad na ilustración. 

Escoltada por dous xefes arvernos, unha misteriosa adolescente chega de noite á aldea. Xulio César e os seus lexionarios búscana, pois murmúrase que o pai desta enigmática visitante non é outro que... o gran Vercinxetórix, vencido dous anos antes en Alesia.

ISBN: 978-84-9121-563-9
Nº de páxinas: 48
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 21,8 x 128,8 cm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.