luns, 11 de xaneiro de 2021

PLASTICUS MARITIMUS

PLASTICUS MARITIMUS
Unha especie invasora
Texto: Ana Pêgo e Isabel Minhós Martins
Ilustracións: Bernardo Carvalho
Tradución: Celia Recarey
Kalandraka Editora

Xénero: Infantil - Ciencias Puras - Xeneralidades

Edad recomendada: +9 anos

Mención de honra na feira do libro de Boloña 2019
Premio BD amadora (Portugal) ao mellor deseño 2019
Plan nacional de lectura (Portugal)

Se os peores prognósticos se cumprisen, en 2050 o peso do plástico nos océanos superaría o dos propios peixes; non en van, calcúlase que uns 8 millóns de toneladas dese material -do cal a metade é dun só uso- acaban cada ano no ecosistema mariño.

Este libro é unha guía que presenta a ficha científica desa “especie invasora” que urxe erradicar. A autora e promotora do proxecto «Plasticus maritimus», Ana Pêgo, medrou á beira dunha praia, observando, aprendendo e apreciando a súa biodiversidade, forxando a activista na que se converteu como beachcomber nunha rede internacional de expertos que axudan a identificar os plásticos recollidos.

Dende os obxectos nos que queda atrapada a fauna mariña ou intoxicada pola súa inxesta ata os microplásticos de menos de 5 mm. que se introducen na cadea trófica, esta obra alerta sobre un tipo de contaminación que xa formou a súa propia illa no Pacífico.

ISBN: 978-84-1343-016-4
Nº de páginas: 48
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 22 x 31 cm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.