mércores, 27 de xaneiro de 2021

PECHE DA BIBLIOTECA DENDE O MÉRCORES 27 DE XANEIRO AO 17 DE FEBREIRO.

Xa se publicaron onte pola noite no DOGA nº 16-Bis o Decreto 8/2021, do 26 de xaneiro da Presidencia da Xunta de Galicia, e a Orde do 26 de xaneiro de 2021 da Consellería de Sanidade que regulan as novas restricións para facer fronte á crise sanitaria do COVID-19.

Entre estas restricións está a do PECHE DAS BIBLIOTECAS dende hoxe Mércores día 27 de xaneiro e ata o día 17 de febreiro.


Restricións para toda Galicia

-Duración: Tres semanas (do 27 de xaneiro ao 17 de febreiro). 
-Reunións: Limitadas só a convivintes. 
-Mobilidade: Redúcese ao propio concello. 
-Toque de queda: Mantense de 22.00 a 06:00 horas.

  • SANIDADE: Seguen interrompidas as visitas aos enfermos excepto para cuestións de dependencia.
  • COMERCIO: Seguirá funcionando o comercio esencial: supermercados, farmacias, talleres de vehículos, etc.   Comercio non esencial: aberto ata as 18:00 horas.         Os centros comerciais pecharán as fins de semana.
  • HOSTALERÍA: Peche total. Só servicio a domicilio, comida para levar e comedores de empresas.
  • DEPORTE: Só se permite o deporte individual ao aire libre. Sempre deberá usarse a máscara, incluso para correr. Mantense a excepción de competicións federadas nacionais, pero seguen suspendidas as autonómicas.
  • EDUCACIÓN: As universidades suspenden as clases até o 8 de febreiro. A primeira semana as clases serán telemáticas e a partir do 17 de febreiro intentarase retomar a educación presencial. As clases de Primaria, Secundaria, Bacharelato e escolas infantís manterán a súa actividade como ata o de agora.
  • CULTURA: Pechan os museos, BIBLIOTECAS e espectáculos. Tamén os centros sociais.
  • RESIDENCIAS: Só permanecerán abertas as residencias e os centros de día. Centros de xubilados e similares, pechan.
Se queredes mais información podedes atopala no seguinte enlace:


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.