sábado, 23 de xaneiro de 2021

O PINTOR CEGO

O PINTOR CEGO
Autor: Xabier P. Docampo
Ilustrador: Xosé Cobas
Editorial Kalandraka

Xénero: Literatura Infantil Galego - Contos

Idade recomendada: +7 anos

O retrato máis extraordinario, elaborado coa paleta dos soños e do amor verdadeiro... 

Unha historia de paixón, vinganza e retos imposíbeis é a obra póstuma de Xabier P. DoCampo, con ilustracións de Xosé Cobas, repletas de referentes pictóricos.

O rei mandara chamar aquel pintor que tanta sona tiña no seu reino e nos da contorna. O artista era loado especialmente pola súa habelencia cos retratos, nos que, dicíase, era quen de tirar dos retratados a verdade do seu ser. Neles reflectíase a beleza ou a fealdade que ninguén antes vira nas persoas alí representadas…

ISBN: 978-84-1343-019-5
Nº de páxinas: 44
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 21,5 x 24,5 cm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.