xoves, 10 de decembro de 2020

VITAMINA N. GUÍA ESENCIAL PARA UNHA VIDA RICA EN NATURALEZA

VITAMINA N
Guía especial para unha vida rica en natureza
Autor: Richard Louv
Tradutor: Carlos Acevedo
Kalandraka Editora
Faktoria K de libros

Xénero: Ciencias - Guías - Medio Ambiente

As probas indican que as experiencias nos espazos naturais poden paliar os síntomas do trastorno por déficit de atención con hiperactividade, mitigar a depresión e a ansiedade, axudar a previr ou reducir a obesidade e a miopía, reforzar o sistema inmune e reportar moitas outras vantaxes para a saúde física e psicolóxica. Ademais, o tempo que se pasa na natureza tamén pode mellorar a socialización e reducir a violencia social, estimular a aprendizaxe e a creatividade, reforzar a ética conservacionista...

Richard Louv sostén que o aumento galopante da tecnoloxía provocou a aparición do denominado trastorno por déficit de natureza. Acostumados durante milleiros de anos de evolución a adaptarnos a unha contorna, nos últimos tempos cambiamos o medio natural pola cidade; da comunidade rural pasamos a unha sociedade altamente urbanizada. Esta situación produce desordes nas funcións fisiolóxicas e psicolóxicas, agravadas segundo aumenta a exposición á velocidade e á hiperestimulación dos avances tecnolóxicos. O cerebro de nenos e mozos habituose a manexar aplicacións en dispositivos móbiles e a consultar internet nun ordenador portátil mentres simultaneamente escoitan ou ven series de televisión; para eles, a natureza tense reducido a un estímulo lento.

"VITAMINA N" (de natureza) é un manual único, completo e práctico, para todas as idades, con máis de 500 consellos e propostas prácticas de actividades creativas, divertidas e eficaces para interactuar coa natureza: fórmulas para calmar os bebés, construír un glosario de termos naturais, unirse a clubs de natureza, axudar a reparar hábitats danados...

ISBN: 978-84-16721-50-4
Nº de páxinas: 320
Formato: 16 x 23 cm
Encadernación: Tapa branda

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.