domingo, 13 de decembro de 2020

TRECE NOITES, TRECE LÚAS


TRECE NOITES, TRECE LÚAS
Libro das marabillas do Nadal
Autor: Antonio Reigosa
Ilustradora: Noemí López
Edita: Edicións Xerais de Galicia, SA

Xénero:  Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +12 anos

Premio Fervenzas Literarias á Mellor Portada de LIX 2011

Síganos, se lle prace, nesta viaxe que lle propoñemos para percorrer este tempo mítico que vai desde o 25 de decembro, suposta data de nacemento de Xesús, ata o 6 de xaneiro, día do seu bautismo, outra forma de nacemento. entremedias practicamos ritos, reunímonos para festexar, cantar, bailar e comer, tentamos a sorte, repoñemos enerxía e bos propósitos, e seguimos, ou cremos seguir fielmente tradicións que ao mellor non son tan "tradicionais" como cremos...

No gran teatro das festas que se van sucedendo polo ano adiante, a escena que representamos colectivamente nos días de Nadal constitúe o clímax, a esencia e o resume de todas elas pois sendo, como é, un final, reverdece en cada un de nós unha ilusión e unha esperanza polo que se anuncia que vai comezar.

ISBN: 978-84-9914-313-2
Nº de páxinas: 156
Encadernación: Tapa dura
Formato: 23,5 x 25,5 cm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.