mércores, 2 de decembro de 2020

O LIBRO DOS TRENS

O LIBRO DOS TRENS
Varios Autores
Editorial Galaxia

Género: Literatura en Galego - Novela

Os trens sempre foron un bo material para a literatura e para os libros. Nos trens lemos. Nos trens, tamén, pasa a vida. Chea de historias. O tren vai por ese camiño de ferro polo que transitan existencias singulares cheas de paixóns, dores, esperanzas, risos e segredos.

De todo iso hai neste volume en que cinco autoras e cinco autores atenderon a chamada de Editorial Galaxia para, toman o tren, a vía, a estación, os revisores ou os maquinistas como motivo de inspiración para crear un relato que sexa, ao tempo, unha viaxe literaria feliz.

Dirémolo dun xeito tópico: abre o libro e ponte a ler. O tren está a piques de partir.

ISBN: 978-84-9151-411-4
Nº de páginas: 252
Formato: 15 cm x 23 cm
Encuadernación: Tapa blanda

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.