martes, 15 de decembro de 2020

A FILLA DO GRÚFALO

A FILLA DO GRÚFALO
Autora: Julia Donaldson
Ilustrador: Alex Scheffler
Tradutor: Piño Sáenz
Patasdepeixe Editora

Xénero: Literatura infantil Galego - Contos

Idade recomendada: +3 anos

Xa nos gustara descubrir o Grúfalo. E agora coñecer a súa filla encántanos da man de Patasdepeixe editorial.

Volvemos ter un rato moi, moi listo, e unha "grufaliño" moi inqueda que precisa ver o mundo cos seus propios ollos porque non lle son suficientes os consellos que lles dan.

Con texto rimado, con forza narrativa, con humor, con amor, este álbum é absolutamente encantador. 

Como encantadores son os seus personaxes. Imposible non amalos no primeiro libro.

Seguirémolos amando con este segundo, ben seguro!

ISBN: 978-84-939350-5-4
Nº de páxinas: 34
Encadernación: Tapa dura
Formato: 16 x 28 cm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.