mércores, 18 de novembro de 2020

OS BALBINOS. CAMIÑO FRANCÉS

 
OS BALBINOS. CAMIÑO FRANCÉS
Autores: Toño Núñez e Xoán Carlos García Porral
Ilustrador: Gabriel Iglesias Sanmartín
Edita: Edicións Fervenza

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +8 anos

Libro con ilustración a toda cor e encadernado en tapa dura. En tres idiomas: Galego, castelán e inglés.

Somos a familia dos Balbinos, Lúa, Bal e os nosos pais Lena e Lino, e estamos percorrendo as distintas Rutas do Camiño ata Santiago de Compostela nos tramos que corresponden a Galicia, e todas as nosas aventuras contámolas nos nosos libros. De momento conseguimos rematar o Camiño Francés e a Ruta da Prata.

Neste libro contamos as aventuras que tivemos percorrendo o Camiño Francés dende O Cebreiro ata Santiago de Compostela. Pasmos por 11 concellos: O Cebreiro, Triacastela, Samos, Sarria, Paradela, Portomarín, Monterroso, Palas de Rei, Melide, Arzúa, O Pino, e rematamos en Santiago de Compostela.

No percorrido puidemos coñecer e descubrir igrexas, capelas, mosteiros, ríos, pontes, festas, paisaxes incribles, comidas riquísimas...

Andamos tanto que destrozamos as zapatillas, e os nosos pés quedaron desfeitos. Pero pasámolo tan ben que mereceu a pena, e temos decidido seguir facendo o resto dos Camiños, comezando pola Vía da Prata.

Estamos tan cansos e felices que agora só imos desfrutar deste momento e soñar coa seguinte andaina.

ISBN: 978-84-18136-07-8
Nº de páxinas: 96
Formato: 22 cm x 24 cm
Encadernación: Tapa dura

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.