martes, 3 de novembro de 2020

O PAPORRUBIO QUE SE FOI


O PAPORRUBIO QUE SE FOI
Autor: Yuca
Ilustradora: María Fe Quesada
Edita: Editorial Galaxia, SA

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +12 anos

O paporrubio que se foi é o reconto das vivencias galegas de Yuca, unha escritora que alcanza un alto grao de identificación e gozo do mundo rural neste relato da vida familiar e campesina vista a través dos ollos dunha nena. É un canto a todo aquelo que vai conformando o devalar das horas e as estacións dunha familia que atopa nunha pequena aldea o mellor lugar para vivir. A protagonista desta fermosa narración vaise facendo pouco a pouco cun mundo e cun tempo que vai pasando "se presas, sen carreiras como quixemos que fose sempre, como debe ser para que tanto as cousas boas e as cousas malas queden gravadas nos nosos recordos xa que todo ben xunto forma a vida e, ¡que fermoso é!

ISBN: 978-84-7154-803-8
Nº de páxinas: 140
Formato: 11,5 cm x 20,5 cm
Encadernación: Tapa blanda


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.