martes, 10 de novembro de 2020

CHANO - David Otero

 

CHANO
Autor: David Otero
Ilustrador: Xosé M. Xiráldez
Edita: Editorial Galaxia, SA

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +12 anos

Chano é un rapaz con cuadrilla, co can Simbad incluido, que voa por cen espacios en mil tempos tan certos como incertos. Chano quere ser actor completo e non ten claro como selo. Faise preguntas e busca respostas cos seus amigos polo barrio adiante.

Xuntos debuxan aventuras xigantes e ananas, gustan das carreiras e das ringleiras e abren os ollos por ver. Os dias transcorren novidosos; algúns tristes, outros bos e tamén regulares.

Chano, tratando explicar a realidade, fabrica un fermoso cadro a toda color para que poida velo quen queira. Chano e a súa cuadrilla, co can Simbad incluido, aínda que semallan disfrazarse, non ocultan nada, non precisan efectos especiais.

Ti mesmo, se queres acompañalos, non precisas cinto de seguridade. Non te preocupes, todo irá ben.

ISBN: 978-84-7154-781-3
Nº de páxinas: 109
Formato: 11,5 cm x 20,5 cm
Encadernación: Tapa blanda

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.