luns, 9 de novembro de 2020

A CHAVE DOS SOÑOS

A CHAVE DOS SOÑOS
Autor: Antonio García Teijeiro
Ilustradora: María Fe Quesada
Edita: Editorial Galaxia, SA

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +12 anos

A chave dos soños é unha colección de sete relatos para rapaces, que ofrecen a posibilidade dunha lectura aberta, na que cada un pode tirar as súas propias conclusións. 

Todos tratan de problemas reais, especialmente as dificultades que teñen os pequenos para viviren nun mundo de maiores, sen pensar demasiado neles.

O lector atopará aquí o diario do neno que busca falar con alguén que o entenda, ou a historia de Tocho, un boneco que está convencido de que non serve para nada, como se as cousas inservibles non tivesen tamén o seu encanto.

Vai igualmente aquí o conto de Roi, que prefiere crear o seu propio mundo á beira do mar; e o de Mario e Marta, incapaces de entender que as bonecas teñan que ser para as nenas e os balóns para os nenos. E algúns máis, como o do reloxo que un día deixou de dar as badaladas.

Son historias de nenos contadas para nenos por alguén que aínda ten cousas de neno.

ISBN: 978-84-7154-653-1
Nº de páxinas: 101
Formato: 11,5 cm x 20,5 cm
Encadernación: Tapa blanda

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.