domingo, 25 de outubro de 2020

VELAÍ VAI O VERME

VELAÍ VAI O VERME
Autor: Mario Pereira
Ilustrador: Lázaro Enríquez
Edita: Editorial Galaxia, SA

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +9 anos

Vénnos esta historia dun tempo no que o mundo era moi novo. Moitas cousas estaban por facer e as que estaban feitas eran tan recentes que chamaban pola vida con voz alegre da desorde.

Só o pequeno verme non estaba moi contento. 

Cando se comparaba con outros animais como a fermosa ave do paraíso, tiña a sensación de ser moi feo e quedaba triste.

Un día deciciu ir á busca do Creador, do que lle falaban os outros, para que lle atopase unha solución.

ISBN: 84-8288-357-7
Nº de páxinas: 163
Formato: 13,5 cm x 19 cm
Encadernación: Tapa branda

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.