CONTRAHISTORIAS DE GALICIA
Autor: Antonio Reigosa
Ilustradora: Rita Gutiérrez
Edicións Embora
Xénero: Literatura galega - Narrativa
Contrahistorias de Galicia son as outras historias ou, se o prefiren, o lado escuro e encuberto do noso pasado.
Este libro trae ao presente mediante textos breves, apoiados «contra» profusas e fermosas ilustracións de Rita Gutiérrez, unha visión desde ángulos dispares, coas cores, figuras e memorias dunha presada de personaxes secundarios, esquecidos e ignorados pola historia oficial.
Un libro para ler e ver, ou viceversa. Un libro que, como todos, ten tapas e que de apetecerlles, poden usalas como contraventás: abrilas ou pechalas a criterio da súa curiosidade.
ISBN: 978-84-17824-27-3
Nº de páxinas. 112
Encadernación: Tapa dura
Formato: 20 x 24 cm
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.