sábado, 17 de outubro de 2020

CONTOS POPULARES DA PROVINCIA DE LUGO

CONTOS POPULARES DA PROVINCIA DE LUGO
VV.AA.
Edita: Centro de Estudos Fingoi / Editorial Galaxia
Colección: Literaria, 412

Xénero: Literatura galega - Narrativa

Recollidos a través de colexios da provincia de Lugo e trans­critos polo poeta Bernardino Graña —bolseiro nesa época no Colexio Fingoi—, estes contos publicáronse por primeira vez en 1963 coa aspiración de “proporcionar ao público unha colleita de narrativa tradicional”, como escribe no prólogo Ricardo Carballo Calero, profesor do devandito centro naquela altura.

Ben sabido é o poder migratorio dos motivos épicos, e así ninguén se ha estrañar de atopar nestes contos lugueses asuntos e personaxes familiares a outros pobos. Relatos das Mil e unha noites achámolos en versións nacionais tanto en África coma en Galicia.

Aquí, nestes contos da provincia de Lugo, atopará o lector adaptacións de fábulas de Esopo. A epopea animal galega conta cos seus Renard e Isengrin. A historia de Maître Pathelin ten tamén o seu paralelo. E se algunhas aventuras de cazadores nos lembran ao barón de Münchhausen, o mito da caixa de Pandora non deixa de se reflectir escuramente neste libro de abraiante e relucente literatura.

ISBN: 978-84-9151-456-5
Nº de páxinas : 264
Encadernación: Rústica con lapelas
Formato: 13,5 x 21 cm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.