luns, 19 de outubro de 2020

A VINGANZA DOS HOMES BOS

A VINGANZA DOS HOMES BOS
Autor: Manuel Esteban
Edicións Xerais de Galicia S.A.
Colección: Literaria - Narrativa

Xénero: Literatura galega - Narrativa

A vinganza dos homes bos é un libro sobre o paso do tempo e o exilio dos anos. Sobre a culpa, que medra como carriza, desfacendo a pedra máis forte. Sobre o valor necesario para ser covarde. Sobre as palabras que son capaces de rachar as armaduras máis feroces. E tamén sobre as palabras capaces, mesmo, de matar. Palabras sinxelas, como, por exemplo, «perdón».

O ex-inspector de policía Carlos Manso anda detrás dun asasino, pero non do que a el lle gustaría. El mesmo tamén matou un home, unha vez. Dúas historias policiais separadas por vinte anos e dous mil quilómetros, pero unidas pola necesidade de redención.

O barco American Star, a Marcha Verde sobre o Sáhara Occidental ou os túneles agochados baixo a cidade de Vigo son os escenarios dun naufraxio, real e metafórico, que supón, en certo xeito, o final de Carlos Manso.

ISBN: 978-84-9121-663-6
Nº de páxinas: 264
Encadernacion: Rústica
Formato: 15,50 x 23,00 cm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.