domingo, 18 de outubro de 2020

MULLERES QUE (NOS) DAN QUE PENSAR

MULLERES QUE (NOS) DAN QUE PENSAR
Autora: África López Souto
Editorial Galaxia S.A.
Colección: Feminismos, 6

Xénero: Literatura galega - Ensaio

Por fortuna, ao longo das últimas décadas vanse destapando nomes femininos nos que fixar a mirada e sobre os que resta moito por escudriñar.

Cómpre sacar á luz mulleres que foron agochadas, esquecidas, banalizadas. Pararnos a pensar con elas e sobre elas. Aprender das máis coñecidas, pero sobre todo das moitas próximas.

Coñecer que existiu unha oceanógrafa como Ángeles Alvariño, a primeira almiranta, Sabela Barreto; a primeira farmacéutica galega, Manela Barreiro, as primeiras universitarias.

A enumeración é longuísima e aínda será máis. Ampliala é unha forma de construír sororidade, de dar pasos sen ter que ser sempre pioneiras. Tamén seguidoras, seguidores.

De moitas desas mulleres, fala este libro.

ISBN: 978-84-9151-429-9
Nº de páxinas: 392
Encadernación: Rústica con lapelas
Formato: 13,5 x 21 cm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.