sábado, 19 de setembro de 2020

MENTIRA

MENTIRA
Autora: Care Santos
Tradución: Ricardo Fernández Sabín
Edita: Edebé-Rodeira
Colección: Periscopio

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa

PREMIO EDEBÉ DE LITERATURA XUVENIL 2015

Xenia loita por sacar as mellores notas, estimulada pola ilusión de entrar en Medicina, pero ultimamente o seu rendemento académico está baixando. O que ocorre é que Xenia se namorou, pero non dun rapaz do seu redor, senón dunha pantasma, dunha voz que xorde da Internet e coa que comparte a súa paixón pola lectura.

Xenia pretende coñecer o seu amor virtual, pero el non quere concertar unha cita. Entón decide localizalo e presentarse ante el por sorpresa. Cos poucos datos de que dispón, inicia unha investigación e descobre que todo é mentira: nin a foto nin o nome do rapaz son reais.

Cal é a verdadeira identidade da súa alma xemelga?

Arrepentida polo abandono dos seus estudos, confésallelo todo aos seus pais, convencida de que foi vítima dalgún desaprehensivo. Pero, de forma inesperada, recibe un paquete que lle vai revelar a identidade do rapaz co que compartiu as súas máis íntimas emocións.Vén do cárcere. Escribiuna un recluso e conta unha historia que lle vai conxelar o sangue.

ISBN: 978-84-8349-408-0
Nº de páxinas: 239
Formato: 13 x 20,5 cm
Encadernación: Rústica con solapas

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.