domingo, 7 de xuño de 2020

REMEDIOS DA NOSA HORTA MEDICINAL


REMEDIOS DA NOSA HORTA MEDICINAL
Autor: Maria Frá Bagaria
Edita: Baia Ediciones, SL

Xénero: Ciencias Aplicadas - Agricultura

A horta medicinal forneceu a casa de comida, pero tamén de medicina. Ao longo das páxinas de este libro, Maria Frá preséntanos por volta de 40 plantas comúns nas hortas galegas que son remedios, convidándonos a transformar as nosas hortas, xardíns e balcóns nunha botica viva.

Moitos dos remedios recollidos nesta guía poden resultar familiares, por que son as mesmas receitas e están elaborados coas nesnas herbas que utilizaban as nosas avoas. Foron seleccionados desde o convencemento de que a medicina que necesitamos está aquí, aos nosos pés, recusando os remedios exóticos e as panaceas que nos ofrece a industria baixo a etiqueta de "natural", pero sen ignorar que a medicina popular ten que estar viva e, polo tanto, permeábel a novos coñecementos e novas adquisicións.

Coa convicción de que os saberes tradicionais sobre plantas medicinais no son soamente historia, nin deben ficar ancorados no pasado ou convertidos en obxectos de museo, esta guía ofrécenos un punto de partida para comezar a tecer na vella rede da medicina popular coas nosas propias experiencias e a formar parte da cadea de transmisión da sabedoría ancestral do noso pobo sobre autoxestión da saúde.

ISBN: 978-84-9995-314-4
Nº de páxinas: 210
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 13,5 x 19,5 cm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.