domingo, 3 de maio de 2020

UN MUNDO QUENTIÑO


UN MUNDO QUENTIÑO
Autor: Mónica Inés Varela Gestoso
Ilustrador: Amalia López Brea "Luchi"
Edita: Edicións Fervenza - Técnicas & Gramaxe, SL

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Poesía

Idade recomendada: +9 anos


Poemario infantil no que, explorando o que nos rodea descubrimos un mundo sorprendente en todo aquilo que está ao noso carón: caracois nos estantes dos libros, landras e bugallos na alfombra do salón, formigas no chineiro da cociña...

Buscamos tesouros nas cortizas das árbores, detrás das follas, nos balados...

A fada da chuvia vén a mollarnos, collemos leña para acender o lume e asamos as castañas...

Todo un mundo quentiño que descubrimos cada día e que nos permite coñecer a maxia do cotián.


Este fermoso libro de poemas expresa nas súas verbas todo o amor que se pode ter polos seres queridos. 

"Estendo as mans para acariñar o mundo
e o mundo é quentiño.
Un regueiro de formigas peitea a herba,
un paxara nunha póla espreita o ceo...
No acubillo do teu riso hai paxaros que fan niños,
na tua pel, almofada de soños.
Acariñote,
doce de amorodo e mel.
Sei que o mundo é quentiño
porque ti estás nel."

ISBN: 978-84-17094-52-2
Nº de páxinas: 52
Encadernación: Tapa dura
Formato: 17,5 x 24,5 cm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.