martes, 10 de marzo de 2020

PROFUNDIDADE DE CAMPO


PROFUNDIDADE DE CAMPO
Autora: Yolanda Castaño
Edicións Espiral Maior SL

Xénero: Poesía galega

"Profundidade de campo" de Yolanda Castaño, quinto libro individual da autora, obtivo no ano 2007 o XV Premio de Poesía Espiral Maior patrocinado por Ámbito Cultural / El Corte Inglés.

Reflexiona sobre preocupacións filosófico-morais que, se ben reflicten a angustia dunha voz narradora do século XXI, son tipicamente renacentistas.

O texto formula aos seus lectores un par de problemas: a construción da identidade e a existencia ou non do libre albedrío.

Estes asuntos, á súa vez, expándense dende un centro irradiando ondas cada vez maiores. Así, en torno ao tema da "identidade" orbitan, entre outros, os seguintes: o contraste entre a aparencia e a realidade, a auto-valoración da imaxe e a súa recepción, a represión externa... en canto ao motivo do "libre albedrío", xera círculos concéntricos que se internan na exploración de dous conceptos: o medo (á liberdade) e o servo arbitrio.

ISBN: 978-84-96475-59-5
Formato: 14x21 cm
Nº de páxinas: 56


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.