luns, 9 de marzo de 2020

"PREPARADOS, LISTOS, XA!" con RAMIRO NEIRA


Seguimos conmemorando o Día Mundial da Narración Oral e rematamos as actividades deste mes con outra actividade que forma parte da VIII Edición do Festival Internacional de Narrración Oral "ATLÁNTICA" na que participa por terceiro ano consecutivo o Concello de Pazos de Borbén.

Así, o venres 13 de marzo ás 13:00 horas no Auditorio do Concellocontaremos coa actuación do actor, director, docente, productor e distribuidor teatral RAMIRO NEIRA que nos traerá o seu espectáculo para público infantil e familiar "PREPARADOS, LISTOS, XA!" no que "a través de contos e cancións dos distintos continentes e distintas culturas que conforman o planeta onde vivimos, os nosos protagonistas tentarán de superar, coa axuda do público, unha proba que ninguén ata o de agora foi quen de lograr: dar a volta ao mundo en menos dunha hora!"

Están convidados a asistir a este evento os alumnos de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os usuarios da Asociación ASPAVI.

Esta actividade forma parte do programa de animación á lectura e dinamización da lingua galega da Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén - BiblioPazos do ano 2020 organizado polo Concello de Pazos de Borbén e no que colabora a Deputación de Pontevedra.

A entrada a todas estas actividades é de balde ata completar o aforo do local pero é necesaria a inscrición previa na Biblioteca chamando ao teléfono 986 497 273.

VINDE A PARTICIPAR NAS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS!!!

ESPERÁMOSVOS!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.