xoves, 5 de marzo de 2020

VIII EDICIÓN DO FESTIVAL INTERNACIONAL DE NARRACIÓN ORAL ATLÁNTICA

E seguiremos homenaxeando á muller, traballando pola igualdade e pola nosa lingua galega e conmemorando tamén o Día Mundial da Narración Oral  a través da participación do Concello de Pazos de Borbén na VIII Edición do Festival Internacional de Narración Oral "ATLÁNTICA", cos seguintes espectáculos:


O mércores 11 de marzo, ás 13:00 horas no Auditorio do Concello visitará Pazos de Borbén o músico coruñes PABLO DÍAZ que nos traerá o seu espectáculo para público infantil e familiar "CONTANDO NÚMEROS E CANTANDO CORES".

"Ao longo da súa traxectoria profesional, Pablo Díaz decatouse do importante que é para os cativos tratar e reflexionar sobre a igualdade de oportunidades entre nenos e nenas, maiores e pequenos, equidade, e sobre todo respecto ás persoas que desde o principio das nosas vidas debemos valorar.

Para conseguir este obxectivo, o artista utilizará contos, algúns deles con música, para rematar cun pequeno concerto con cancións que versen sobre esta temática e tamén algúns dos seus temas máis populares".

Están convidados a asistir a este evento os alumnos de Infantil e 1º a 4º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os usuarios da Asociación ASPAVI.


venres 13 de marzo e tamén ás 13:00 horas no Auditorio do Concello visitaranos o actor, director, docente, productor e distribuidor teatral RAMIRO NEIRA que nos traerá o seu espectáculo para público infantil e familiar "PREPARADOS, LISTOS, XA!" no que "a través de contos e cancións dos distintos continentes e distintas culturas que conforman o planeta onde vivimos, os nosos protagonistas tentarán de superar, coa axuda do público, unha proba que ninguén ata o de agora foi quen de lograr: dar a volta ao mundo en menos dunha hora!".

Están convidados a asistir a este evento os alumnos de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os usuarios da Asociación ASPAVI.

A entrada a estas actividades é de balde ata completar o aforo do local pero é necesaria a inscrición previa na Biblioteca chamando ao teléfono 986 497 273.

Estas actividades tamén forma parte do programa de animación á lectura e dinamización da lingua galega da Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén - BiblioPazos do ano 2020 organizado polo Concello de Pazos de Borbén e no que colabora a Deputación de Pontevedra.


VINDE A PARTICIPAR NAS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS!!!

ESPERÁMOSVOS!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.