domingo, 1 de marzo de 2020

"MULLER, POETA, EN GALEGO... E POLO MUNDO!" con YOLANDA CASTAÑO


Continuamos coa organización de actividades en BiblioPazos, e a próxima é a do


Mércores 4 de marzo ás 13:00 horas

na que teremos con nós no

Auditorio do Concello

á escritora e poeta


que nos traerá a actividade

"MULLER, POETA, EN GALEGO... POLO MUNDO!"

coa que conmemoraremos o


"Abrirse paso nunha profesión tan machista coma outras e facelo como muller, galega e poeta non amedrentou a quen comezou con só 17 anos. Nunha charla amena, íntima e empoderadora, aderezada con anécdotas e poemas, unha das poetas máis populares e internacionais contaranos como analizou, atopou explicación e máis tarde superou os obstáculos, prexuízos e actitudes patriarcais con enerxía e esperanza".

Están convidados a asistir a este evento os alumnos de 6º de Primaria e de 3º a 4º de ESO do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os usuarios da Asociación ASPAVI, e todos aqueles veciños e veciñas que queiran acercarse ao Auditorio do Concello o próximo mércores ás 13:00 horas.

Esta actividade tamén forma parte do programa de animación á lectura e dinamización da lingua galega da Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén - BiblioPazos do ano 2020 organizado polo Concello de Pazos de Borbén e no que colabora a Deputación de Pontevedra.

VINDE A PARTICIPAR NAS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS!!!


ESPERÁMOSVOS!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.