sábado, 7 de marzo de 2020

"CONTANDO NÚMEROS E CANTANDO CORES" con Pablo Díaz


Conmemoraremos o Día Mundial da Narración Oral coas actividades que terán lugar este ano coa participación do Concello de Pazos de Borbén na VIII Edición do Festival Internacional de Narración Oral "ATLÁNTICA". A primeira delas terá lugar o

Mércores 11 de marzo ás 13:00 horas
no
Auditorio do Concello

no que teremos con nós ao músico coruñes


que nos traerá o seu espectáculo para público infantil e familiar

"CONTANDO NÚMEROS E CANTANDO CORES"

"Ao longo da súa traxectoria profesional, Pablo Díaz decatouse do importante que é para os cativos tratar e reflexionar sobre a igualdade de oportunidades entre nenos e nenas, maiores e pequenos, equidade, e sobre todo respecto ás persoas que desde o principio das nosas vidas debemos valorar.

Para conseguir este obxectivo, o artista utilizará contos, algúns deles con música, para rematar cun pequeno concerto con cancións que versen sobre esta temática e tamén algúns dos seus temas máis populares".

Están convidados a asistir a este evento os alumnos de Infantil e 1º a 4º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os usuarios da Asociación ASPAVI.

Esta actividade forma parte do programa de animación á lectura e dinamización da lingua galega da Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén - BiblioPazos do ano 2020 organizado polo Concello de Pazos de Borbén e no que colabora a Deputación de Pontevedra.

A entrada a esta actividade é de balde ata completar o aforo do local pero é necesaria a inscrición previa na Biblioteca chamando ao teléfono 986 497 273.


VINDE A PARTICIPAR NAS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS!!!

ESPERÁMOSVOS!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.