domingo, 9 de febreiro de 2020

"SUMMER E O LIBRO MÁXICO" - 2º PREMIO da categoría E: 3º e 4º de ESO - II CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN

Relato gañador do 2º PREMIO da categoría E: 3º e 4º de ESO do II CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN (2019).

"SUMMER E O LIBRO MÁXICO" de NURIA CARIDE GONZÁLEZ - 14 anos - 3º de ESO.

Participantes e premiados da categoría E: 3º e 4º de ESO
II CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN (2019)
Summer é unha nena moi guapa a que se lle da ben practicamente todo e gústanlle un montón de cousas, pero o que máis detesta é ler contos a súa naia obrigaa, pero a ela dálle igual e non o fai. So leu algúns contos cando a súa nai decíalle que o lía ou quedaba castigada e para aprobar o exame de lingua.
Pero esta historia comezou un día no que a súa nai obrigouna a ler un libro e tras rematalo ir coller outro. Ela así o fixo, porque, se non, non quedaría coas súas amigas na fin de semana.
Cando foi á biblioteca devolvelo e a coller outro libro, botou unha ollada a practicamente todos os libros, pero ningún lle gustaba, o resumo parecíalle aburrido e a maioría eran moi longos.
Por fin, tras dar moitas voltas pola biblioteca chegou a unha estantería onde atopou un libro especial. Era fermoso, rechamante, o resumo parecíalle interesante, pero como era moi longo pensou en deixalo, pero dixo: -A pesar de que sexa longo, se o resumo é divertido, o conto tamén, e se non, o devolvo e listo.
E así fixo.
Ao chegar a casa comezou a lelo. Ao principio non lle gustou moito, pero a súa nai díxolle que mínimo tiña que ler algo máis da metadae para poder devolvelo.
Un día despois, tras chegar da escola, comezou a lelo. Canto máis lía, máis lle gustaba. Tanto lle gustaba, que a súa nai berroulle porque estaba lendo á vez e case mancha o pixama de leite.
Pouco despois marchou a súa habitación e tras lavarse os dentes, sentouse na cadeira que estaba a carón do escritorio e continuou lendo. Pero de súpeto saíron luces e brillos das páxinas nas que estaba a ler e algo a absorbeu cara ao interior.
Tras pasar por unha especie de tubo con luces amarelas, estreliñas e un pouco de purpurina, caeu nun lugar no que non estivera nunca.
Ao caer, só lle doía un pouco a cabeza, pero non se mancara.
Cando observou a paisaxe ao seu redor, atopou uns rapaces índo cara ela. Summer ao principio estaba asustada, pero unha nena daquel grupo tranquilizouna, dicíndolle que non se preocupase, que eles eran boas persoas, e que estaban en busca dun tesouro. Foi entón cando a Summer se lle ocurriu unha idea: contarlle aos rapaces o que lle pasara a ela, para que a axudaran a volver a casa e ela axudaríaos a atopar o tesouro que andaban a buscar. E así fixeron.
Canto máis camiñaban, máis amigos se facían. Foron resolvendo probas e acertixos, para estar máis preto do seu destino. Mentres Summer se sorprendía pola paisaxe, debido ás flores estrañas, as fadas, ós anxos, unicornios, etc. A rapaza estaba a observar a paixase e non se deu conta de que ía camiñando por un río. Todo era fácil, pero de súpeto algo lle agarrou o pé facendo que non o puidese levantar. Os seus novos amigos estaban no outro lago e en vez de axudala, burláronse dela e dixeron: -"Ha, ha, ha, pensas que che imos axudar. Somos piratas e non damos nin as grazas pola túa axuda, para roubar o tesouro desta enorme illa". Tras cidir isto, marcharon.
Pouco a pouco foi arrastrada cada unha fervenza, intentou soltar o pé, ao que a tiña amarrada, pero era máis forte ca ela.
De repente, unha bruxa apareceu por alí, e a nena dixo: -"O que me faltaba, aínda por riba de estar aquí presa, ven unha bruxa a converterme en ra. A bruxa que a escoituo díxolle: -"Rapaza, eu son unha bruxa boa. Estaba na miña casa e pola bola máxima puiden verte a ti en perigo por culpa duns piratillas. Eu non son a bruxa mala dos contos do voso mundo, e para demostralo sacareite de ahí".
A bruxa dixo as palabras máxicas e liberouna, despois púxolle unha trampa aos piratas, que non andaban moi lonxe.
Ao rematar a bruxa volveu con Summer, a que lle pediu perdón por falar mal dela sen coñecela e deulle as grazas por salvala. Depsois Summer contoulle otdo o que lle pasara antes de que a salvase e a bruxa indicoulle o camiño. Tamén lle dixo que a pesar das cousas malas que dixera sobre ela sen coñecela, caíalle moi ben e quería volver a vela. Summer díxolle que sí, pero que lle explicara como facelo. A bruxa explicoulle antes de que Summer marchara para volver a súa casa.
Máis tarde a rapaza ía camiñando polo bosque e ía despedíndose das fadas e outras criaturas daquel fermoso lugar.
De repente: "tirirí, tirirí, tirirí, tirirí". Era o despertador que estaba a soar. Era un novo día e todo fora un soño que fixo que a Summer lle gustara ler, que se decatase de que as apariencias enganan, e que non se pode falar mal de alguén sen coñecelo.
Fin.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.