domingo, 2 de febreiro de 2020

"O PORCO BAIXO O MAR" - Accésit da categoría C: 5º e 6º de Primaria - II CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN

Participantes e premiados da categoría C: 5º e 6º de Primaria

II CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN (2019)
Relato premiado cun accésit na Categoría C: 5º e 6º de Primaria.

"O PORCO BAIXO O MAR" de MARTÍN PIRES VARELA - 11 anos - 6º de Primaria.

Érase unha vez un porco que soñaba que podería vivir no mar.
O porco vivía nunha granxa. Na granxa había cabalos, galiñas, patos, porcos...
O dono da granxa preocupáballe o porco. Cando ía botarlle de comer, non comía. Sempre escapaba e volvía á granxa pola noite, non durmía nada, solo berraba.
Un día pola mañá, o porquiño colleu unhas chapas para construír un submarino.
Unha tarde, rematou o submarino pero cando o lanzou ao mar, non flotaba.
Despois de varios intentos conseguiu que flotara e meteuse dentro.
Eran as 22:00 h cando descendeu ao fondo do mar.
Cando estaba no fondo do mar, atopou un tesouro. Foi a buscalo e polo camiño coñeceu a un peixe pallaso e fixéronse amigos.
Un rato despois, un tiburón quería comelos.
Rompeu o cristal e comeuse ao porco e ao seu amigo.
O porquiño foi feliz, pero a felicidade ten os seus riscos.
FIN


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.