luns, 10 de febreiro de 2020

"O MAIOR DESEXO" - Accésit da categoría E: 3º e 4º de ESO - II CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN

Relato galardoado cun accésit na categoría E: 3º e 4º de ESO do II CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN (2019).

"O MAIOR DESEXO" de OLALLA DOMÍNGUEZ ÁLVAREZ - 14 anos - 3º de ESO.
Participantes e premiados da categoría D: 3º e 4º de ESO
II CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN (2019)
Hoxe fago unha festa de pixamas na miña casa ás 9:00. O meu pai vai a unha cea de traballo e non volve ata a madrugada. Esta é a noite perfecta para celebrar o meu 18º cumpreanos, apúntaste? Veñen Vero e Dania, só faltas tí, Mónica! Dí Erea, Mónica dille que sí e Erea sobe no autobús cara a súa casa.
En canto chega, atopa unha boneca sentada na súa cama. Cóllea e obsérvaa por todos oa ángulos. Era unha boneca un pouco estraña; a cabeza era de porcelana, cuns ollos grandes de cor azul clara, dun azul tan claro que parecían transparentes. Tiña unha ollada xélida, era verán pero no cuarto de Erea parecía inverno. O cabelo era louro e de tacto moi suave, o resto do corpo era de trapo. Parecía moi antiga.
E de repente na súa cabeza soou unha voz inhumana, tan xélida como a ollada da boneca, que dicía: "Xa sei cal é o teu maior desexo. Para concedercho tes que estar hoxe ás nove no psiquiátrico, se non queres que lle pase nada a Nadia". A Erea deulle un calafrío e pensou que todo fora obra da súa imaxinación.
Erea vivía a tres casas do psiquiátrico, pero nunca se atrevera a pasar soa por alí, e menos de noite.
Eran as nove e dez e Mónica, Vero e Erea estaban tranquilamente falando no salón da casa de Erea, cando Nadia, que aínda non chegara, chamou, e dixo que non sabía onde estaba, parecía como unha especie de habitación escura e cerrada, tiña moito medo e nese momento a chamada cortouse.
Vero e Mónica comezaron a rir pensando que era unha broma da aús amiga, pero Erea sospeitaba que non. Rapidamente subiu a súa habitación e colleu a boneca, volveu a resoar na súa cabeza a voz xélida, pero esta vez dixo: "En dez minutos, no psiquiátrico, se non que res que lle pase o mesmo as outras dúas. Isto é necesario para que secumpra o teu desexo, non sexas parva! E recorda: ven soa".
Erea colleu tres lanternas e foron as tres xuntas ao psiquiátrico. Quería acabar con todo aquilo. A porta estaba aberta. Entraron e comezaron a andar polo corredor e nun recuncho estaba a boneca. Colleuna e na súa cabeza volveu soar a voz, que dicía: "Díxenche que viñeras soa! Agora elas pagarán" e segundos despois Mónica e Vero desapareceron deixando unicamente o eco dos seus gritos. Erea comezou a gritar os seus nomes desesperadamente. Colleu o móbil con dedos a tremer e chamou á policía, pero non había cobertura.
Comezou a sentir sombras que a espiaban na escuridade, pero cada vez que viraba, non vía nada. Tiña moito medo e comezou a correr sen rumbo, só que ría afastarse das sombras que a asexaban.
Depois de moito correr, volveu escoitar os berros das súas amigas e seguiunas ata unho porta moi vella e desgastada con sangue no pomo. Abriuna sen pensalo dúas veces e encontrou as súas amigas bañadas nun gran charco de sangue. As paredes tamén estaban manchadas de sangue. Quedou paralizada polo medo e o pánico. Estaba como en shock, e de repente sentiu un peso nas mans. Mirounas e alí estaba a boneca outra vez, coa voz na súa cabeza, que esta vez dicía: "corre a salvalas, ou queres que morran na túa presenza?"
Entón reaccionou, deixou caer a boneca e foi socorrer as súas amigas.
Dania xa estaba morta, Mónica estaba viva pero inconsciente, estaba perdende moito sangue polas puñaladas que tiña no peito. Intentou parar o sangue pero non puido. Vero, que estaba consciente, pedíalle axuda desesperadamente case sen alento. Entón correu cara a ela. Tiña un coitelo cravado no estómago.
Nadia sen sabelo fixo o peor que se podía facer, quitarlle o coitelo, e da ferida comezou a bratar cada vez máis sangue, como unha fonte. Con cada gota de sangue que saía da ferida de Vero máis asustada e desesperada estaba Erea.
Un cuarto de hora máis tarde chegou a policía, alertados polos veciños que oíran gritos no psiquiátrico. A escea que encontraron no cuarto era terrorífica: tres rapazas mortas e outra cun coitelo na man, que despois resultaría ser a arma homicida, e todo isto co cuarto completo salpicado de sangue.
Catro meses despois...
"Erea Rodríguez Gallego quedas condenada a 30 anos de cárcere polo asasinato de Vero González Pérez, Dania Souto Giménez e Mónica Lago Vidal".
Esa foi a sentenza que lle deu o xuíz. Ela dende o principio intentare expiicar o que pasara, a boneca, a voz na súa cabeza, as sombras que a perseguían, pero todo foi en van. Non a creron.
So tivo uns poucos minutos para despedirse do seu pai. Despois as gardas leváronna ao coche, pero mentres pasaba entre a xente e os periodistas, murmuraban cousas horribles sobre ela e os periodistas non paraban de facerlle preguntas. Os policías non tiveron máis remedio que taparlle a cara a Erea para levala ao coche.
Cando chegou ao cárcere, puxérona nunha cela soa. Chegou a hora do patio e sentou nun banco apartado. Ao rato acercóuselle unha muller que levaba sen ver desde os nove anos, pero que recoécía perfectamente.
-Mamá?! -dixo Erea asustada.
-Ola, filla. Canto tempo! -dixo súa nai cun sorriso que lle provocou calafríos. -Teu pai non che deixo vir a verme? Todo o que checontaron é mentira, eu nunca quixen afogarte na bañeira. Non os creas a eles, todo o que din é mentira.
Terminou a hora do patio e Erea foi correndo a súa cela. Ao chegar, encontrou a boneca encima da cama, colleuna e díxolle: "O teu maior desexo era volver a ver a túa nai e xa se cumpríu".
En canto a voz cesou, a boneca desapareceu deixándoa soa na súa incerteza.
Fin.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.