venres, 21 de febreiro de 2020

NA PUNTA DO PÉ



NA PUNTA DO PÉ
Textos: Mercedes Prieto e Montse Rivera
Ilustracións: Joao Vaz de Carvalho
Edita: Kalandraka Editora, SL

Xénero: Literatura Infantil Galega - Poesía - Belas Artes - Música

Idade recomendada: Todas

Na punta do pé é un libro-CD-DVD que anima a aprender cancións, bailes e xogos do patrimonio tradicional galego e portugués dun xeito ameno, divertido e participativo.

Comprometidos coa recuperación da cultura lúdica e activa das festas e verbenas, os compoñentes de Pesdelán contribúen á creación desta obra para que sexa compartida por público de todas as idades, logrando ademais un material cunha potente dimensión educativa para o seu aproveitamento nas aulas.

Na punta do pé é o primeiro taballo de Pesdelán, e ten un obxectivo moi claro, como o resto dos espectáculos do grupo: Que o público baile!

Un libro-cd-dvd para aprender cantigas, bailes e xogos da tradición galega, portuguesa e mirandesa, co obxectivo de recuperar o espírito lúdico das festas, cun enfoque didáctico e participativo.

ISBN: 978-84-8464-752-2
Nº de páxinas: 79
Encadernación: Tapa dura
Formato: 16,5 x 16,5


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.