venres, 7 de febreiro de 2020

"A FLOR DA FADA ESMERALDA" - Accésit da categoría D: 1º e 2º de ESO - II CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN

Participantes e premiados da categoría D: 1º e 2º de ESO
II CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN (2019)
Relato galardoado cun accésit na categoría D: 1º e 2º de ESO.

"A FLOR DA FADA ESMERALDA" de NEREA CARIDE GONZÁLEZ - 12 anos - 1º de ESO.
Cando as ras tiñan ás e as galiñas catro patas, unha fada chamada Esmeralda estaba a chorar porque a súa flor deixara de brillar. Entón foi xunto a súa nai Rita, explicoulle o que lle pasaba e tamén lle contou o que facía antes de que a flor deixara de brillar.
"-Eu ía toda contenta xunto a miña amiga pitufa Judith, coa miña flor, claro. Puxémonos a xogar eu coa miña flor e ela coa súa seta, alí a flor aínda brillaba. Despois escoitamos uns ruídos raros detrás dos arbustos e deles saíron uns raios dourados. Asustámonos e saímos correndo ata a casa de Judith, pero ao chegar a miña flor xa non brillaba".
Esmeralda non paraba de chorar. Entre que xa estaba cansa e que a súa flor non volvera brillar, marchou directa para a súa cama.
Mentres Esmeralda durmía, a nai dela estivo pensando un plan.
Rita foi contarllo, pero ao chegar cara a habitación, ela... Xa non estaba!!!!
Buscárona por todo o reino pero non aparecía. A nai mandou aFilipe, o guardia que fora fuscala.
Este puxo rumbo na busca de Esmeralda.
A el ocorréuselle ir buscala á aldea dos pitufos. E así foi.
Cando chegou viu a Esmeralda preto da súa amiga Judith, quedou abraiado.
Filipe preguntoulle a ela que facía alí, todo o reino estaba buscándoa. Ela respondeu:
-Quixen estar coa miña amiga Judith. E ti, que fas aquí?
El respondeu:
-A túa nai díxome que fora buscarte. Que vos parece se vamos os tres a buscar a resposta de por que a túa flor deixou de brillar?
-Entón esmeralda e Judith berraron xuntas:
-Vamos, veña!!
Entón a Judith ocorréuselle buscar no castelo embruxado da bruxa María. Filipe dixo que si e Esmeralda tamén. E alí foron os tres.
Para chegar tiñan que pasar por un pantano de crocodilos, polo reino dos dragóns e por último pola selva das serpes.
Chegaron ao castelo sans e salvos.
Filipe mirou por unha ventá e alí estaba a bruxa María cunha flor morta.
Esmeralda chegou á conclusión de que fora a bruxa a que lle quitara o brillo da flor para revivir a outra planta. En concreto, unha velenosa chamada "Plactis Venenis".
Por que esa flor? Porque a bruxa María quería envelenar á raíña fada, a nai de Esmeralda.
Filipe saltou pola ventá mentres que Esmeralda e Judith entraron pola porta.
El agarrou á bruxa María mentres berraba:
-Correde rapazas, collede un frasco e botade o brillo da flor nel.
E a bruxa dixo:
-Noooon, ese brillo é meu.
E Esmeralda respondeu:
-Non, ese é o brillo da miña flor. E polo tanto, vouno levar.
Judith dixo:
-Filipe xa temos o líquido.
El contestou:
-Perfecto, correde ata o reino. Eu encárgome da bruxa.
Esmeralda e Judith votaron a correr co frasco.
Filipe meteu á bruxa nunha cámara escura, pechouna e votou a correr. Cando chegou ao reino das fadas, Esmeralda e Judith xa estaban alí.
Esmeralda botoulle o brilla a súa flor, todos estaban moi contentos e viviron felices.
Aquí acabou o conto, como mo contaron, cho conto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.