mércores, 5 de febreiro de 2020

"A CASETA DA ÁRBORE" - 2º Premio da Categoría D: 1º e 2º de ESO - II CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN

Relato gañador do 2º Premio da Categoría D: 1º e 2º de ESO.

"A CASETA DA ÁRBORE" de CÉSAR SANROMÁN FERREIRA - 13 anos - 1º de ESO.
Participantes e premiados da Categoría D: 1º e 2º de ESO
II CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN (2019)
Ola chámome Ana, a miña familia é algo peculiar; miña nai so ve a televisión e non ten traballo, meu pai en cambio ten dous traballos para poder manternos.
Fai pouco mudámonos a unha casa nova cun xardin enorme no que hai un carballo, o que máis me gustou foi unha casiña que hai no cume dese carballo. Os poucos meses cumprín os 12 anos, e meu pai regaloume un canciño moi fermoso, chamado Neve.
Unha noite meus pais estaban discutindo, e eu como non quería seguir escoitando, decidín sair pola ventá, a fun cara á casiña pero subindo pola escaleira húmida, polo rocío da noite, esbarei e cain de costas no chan, so escoitaba os ladridos de Neve, que duraron uns segundos. Ata que me espertei nun hospital, non podía moverme so oía unhas voces, como moi lexanas, aos médicos dicirlle aos meus pais que estaba en coma, e coa mesma quedeime en branco. Recorso que meu pai sempre estivo preto de min, e falaba comigo, sempre repetíame -sei que non me podes escoitar pero...- así pasaron os anos; un, dous, tres pero ao cuarto deixou de vir a visitarme.
Comecei a botar de menos as frases de meu pei, e para poder manter o meu cerebro activo, empecei a calcular os horarios das enfermeiras e mentalmente creei o meu mundo perfecto. Cando cumprín vinte anos meu pai veu e díxome -miña meniña non podo crer que cumpras xa vinte anos- e coa mesma púxose a chorar. Entón unha forza que proviña do meu interior, fixo que eu espertase do coma, abrín os ollos e puxen a miña man sobre a do meu pai. El levantou a cabeza e da emoción, chorou de alegría, mentras dicía- enfermeira, enfermeira...
Despois de catro anos, moi duros, xa que me enterei que meus pais habíanse divorciado e de exercicios, podo falar e andar. Cando cheguei de volta a casa, ver correr a Neve cara amin, movendo o rabo, demostroume que estaba contento de verme, igual que eu de velo a el. Despois desta segunda oportunidade de volver vivir, so quero ser feliz, non me interesan as cousas materiais. Aprendín a valorar a vida.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.