xoves, 30 de xaneiro de 2020

"UN ROMANCE ESPACIAL EN N.E.X.U.S. 2.0" - Accésit da Categoría C: 5º e 6º de Primaria - II CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN

Participantes e premiados da Categoría C: 5º e 6º de Primaria
II CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN (2019)
Relato galardoado cun Accésit na Categoría C: 5º e 6º de Primaria.

"UN ROMANCE ESPACIAL EN N.E.X.U.S. 2.0" de NOA CAGIGAS BLANCO - 11 anos - 6º de Primaria.
Érase unha vez unha muller chamada Erea. Traballaba nun almacén preto dunha estación espacial.
Case era de noite e Erea xa marchaba do almacén, pero ao saír víu un cartel no que dicía que a mañá seguinte, sairía unha nave con destino a un novo planeta.
Só quedaban dúas prazas, pero Erea tiña un pouco de medo a ir soa. Ao darse a volta, mirou a un home que tamén parecía estar interesado naquela viaxe espacial. O home preguntoulle se ía ir a viaxe, pero ela, díxolle que non quería ir soa. O home dixo moi seguro, que a podía acompañar. Erea estaba confusa, porque ir ao espazo cun home que acababa de coñecer, era un pouco esaxerado.
Un par de segundos despois, Erea tomou unha decisión, o home máis ela irían ao espazo.
A mañá seguinte, Xavi que así chamábase o home, tomou rumbo ao espazo xunto con Erea, bueno tamén eran unhas mil persoas máis. E así foi como Xavi enamorouse.
Unha vez dentro da nave, comezou a súa aventura espacial. Ao día seguinte, xa no planeta Eos, GAP 2.0 (a nave) xa aterrizara, Erea e Xavi decidiron dar unha volta por Eos. Case a catro kilómetros da nave, observamos como G.A.P. 2.0 alonxábase cada vez máis. Intentaban correr, pero claro como no espazo non hai gravidade era imposible.
A nave xa estaba e uns cantos kilómetros do planeta!!
Non o podían creer, estaban atrapados nun planeta eles sós, sen auga, sen comida, o e peor de todo e, que tamén sen gravidade.
Xavi aínda seguía ocultándolle o seu amor por Erea, non  sabía cando dicirllo, pero armouse de valor e díxollo.
Erea quedou bocaberta con aquela noticia. Non sabía que responder.
Ao cabo dun ratiño, Erea díxolle que non podía dicir ese tipo de cousas nun momento tan tráxico.
Naque planeta facía moito frío e decidiron dar un paseo para quentarse. De súpeto Xavi parouse, Erea preguntoulle se lle ocorría algo, Xavi contoullo que vira unha cousa rarísima. Erea pensou que era unha broma, pero Xavi aínda non estaba do todo seguro.
Decidiron acercarse, pero antes da chegada, viron unha nave. Puxéronse a dar brincos para que os tripulantes da nave os viran. Os astronautas fixéronlles un sinal para avisar de que os recibían encantados.
Pero ao facer os sinais de axuda, a Xavi fíxoselle unha greta no casco. Estaba quedando sen osíxeno!!
Ao entrar na nave Xavi xa estaba case "morto".
 Tiveron que levalo á cápsula de enfermerías, pero... Xa era tarde!!
A Erea quedáronlle os ollos como pratos. Contáronlle que a nave estaba tendo uns problemas no motorl. De súpeto a nave comezou a tambalearse. Non podían saía, porque non había traxes para todos.
O comandante Fran tivo que saír a aranxar a nave. Era imposible sobrevivir, pero había que arriscarse!!
Fran saiu fóra. Non había moita esperanza, pero sempre quedaba unha pouca.
Fran case rematara e de súpeto estallou o motor. Erea estaba moi preocupada, xa perdera a esperanza, pero como a esperanza é o ultimo que se perde...
Fran regresou a navae. Dixo que había que chamar ao planeta Terra para que enviasen unha nave cun motor noto. Esperaron alí unpar de semanas ata que chegou.
Cambiáronnno e regresaron de volta á Terra.
Esa fora, a mellor aventura da súa vida!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.