xoves, 23 de xaneiro de 2020

"MENTIRAS RESPONSABLES" - Accésit da Categoría C: 5º e 6º de Primaria - II CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN

Participantes e premiados da Categoría C: 5º e 6º de Primaria
II CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN (2019)

Relato gañador dun Accésit da Categoría C: 5º e 6º de Primaria.

"MENTIRAS RESPONSABLES" de PAULA BOUZÓN MARTÍNEZ - 11 anos - 6º de Primaria.
Ola, son Candela, e teño 15 anos. Meus pais son Raquel e Samuel. Eles nunca me deixaron ir a praia que está en fronte da miña casa, porque din, que quen se baña alí, queda atrapado nesa praia tan fermosa para sempre.
Pero claro, o que vos digo, é fermosa!!
A miña avoa, Celia, é mais boa porque sempre me di que, cando meus pais se vaian de vacacións eles sós, poderemos ir, pero as dúas xuntas.
Hoxe, meus pais queren ir comprar ao supermercado, para a súa viaxe a... Bueno... Aínda non me dixeron onde irán, pero mañá sabereino.
Meus pais xa volveron das compras, e eu quero cear, pero non sei o que... O que acabo de ver teño que comelo xa!
Bueno, que vos deixeis a media porta aberta... Acabo de ver o meu batido preferido. O de mazá e uvas. Así que tómoo e a durmir, que xa son as once e media!! Mañá vai ser luns, e teño instituto. Estou desexando que sexa xuño!
Bos días! Xa é luns, e agora toca almorzar. Apetéceme un zume de laranza e leite, así que vouno tomar. Vouno acompañar coas miñas galletas favoritas, as Oreo. Bueno, collo a mochila e ao insti...
Estou esperando pola miña nai para comer, que está no baño. Vale, xa chegou, pero agora xa non teño moitas ganas de comer. A que non vos imaxinades por que? Pois non me gusta nada... paella. Pero pensándoo ben, é o último día cos meus pais, ata a semana.
Efectivmente, meus pais colleron as maletas, deixáronas no coche, despedíronse de min, e montaron no vehículo rumbo a León.
Un par de horas despois de que marcharan, viu outro coche, o da miña avoa. Ao fin! Xa me estaba aburrindo bastante.
A miña avoa é a mellor de todas, porque, aínda que se enfade moi a miúdo, quéroa un montón. Bueno, o que vos dicía, que era o coche da miña avoa. Nada mais vela fóra del gritei se podiamos ir a aquela praia, a que miña nai me tiña prohibido ir.
Ela díxome que sí, pero cando tivera todo colocado na habitación na que ía durmir, (na dos meus pais).
Mentres tanto, eu vou facer as mochilas, porque non creo que sexa verdade o que di miña nai.
A miña avoa non tardou nada en colocar todo no seu sitio. É rápida ata cando non lle apetece facer nada! Non é coma min. Incluso tiña as súas cousas da praia xa preparadas! A verdade, é que ás veces non a entendo. Pero agora é hora de darse un baño, e non precisamente na ducha.
A praia non está moi lonxe, nin sequera temos que coller o coche. Chegamos. Isto é precioso! Quero bañarme xa!
Nada máis entrar polo medio do aparcamento, mirei un sitio libre, e díxenllo a Celia. Ela dixo que non lle gustaban os espazos lonxe do mar, porque cando saia da auga, vaina coller o frío. O que vos dicía, non a entendo. Así que pouco a pouco, cada vez estabamos máis preto do mar. Esta vez, foi ela quen atopou un sitio. Non podo negar que estaba moi preto da auga, pero non quedaba outra. Entón alí quedamos.
A primeira en pedir un baño foi miña avoa, así que tócame quedar a coidar as mochilas. Celia sacou a roupa, e quedou co seu bañador azul e verde. O seguinte que fixo foi corres hacia o mar, e alí quedou. eu saquei a roupa tamén, pero non corrín, e collín o móbil para falar cos meus pais. A conversación foi así:
-Ola, quetal estades?
-Ola. Moi ben. E tí? Que estás facendo?
-Pois ver a tela coa avoa no salón.
-Que ben! Non terás pensado ir á praia, non?
-Nooon. Ti dis que é perigosa.
-Así me gusta. Nós volveremos o xoves. Houbo un cambio de plans.
-Vale! Ata pola noite.
-Igualmente. Cande!
Nese instante, unha pinga de auga caeu sobre o meu móbil. Miña avoa voltara. Xa a collera o frío. Agora era o meu turno. Deixei o teléfono na mochila, e nese momento si que corrín; pero non por moito tempo.
Cando cheguei á beira, entendín por que miña avoa saíra da auga. Estaba conxelada! Pero metín un chapuzón e saín onda Celia, que me rodeou na toalla, coma un rolo de primavera.
Xa eran as seis, ou iso marcaba o reloxo, pero tiña unha fame...; así que collín a neveira portátil, abrina, e alí estaba o meu bocadillo de nocilla, branca, como non. Miña avoa colleu a súa mazá, e as dúas empezamos a comer.
Ao rematar, facía un pouco de frío. Recollemos, e marchamos á casa. Nese intre, comprobei que miña nai mentírame. Celia e eu saímos vivas de alí. Pero ao entrar na casa... de ahí si que non saiamos vivias!!
Que facían meus pais detrás da porta? Eu entendino todo ao momento. Eles dous finxiron estar de vacacións para saber que faciamos mentras estabamos soas.
Meu pai colleu aire e dixo que nós no salón non tiñamos televisor. Iso si que doeu. A miña nai dixera que non fora á praia para ver se de verdade eu era responsable. O castigo comezou a funcionar: o meu móbil gardado, táblet escondida tamén, e o peor, os amigos só se ven no instituto.
Creo que teño que ser un pouco máis responsable... Pero de momento, vida aburrida modo ON.
Star.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.