venres, 31 de xaneiro de 2020

"AS NENAS DETECTIVES" - Accésit da Categoría C: 5º e 6º de Primaria - II CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN

Participantes e premiados da Categoría C: 5º e 6º de Primaria
II CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN (2019)
Relato premiado cun accésit da categoría C: 5º e 6º de Primaria.

"AS NENAS DETECTIVES" de AINOA DACOSTA ALONSO - 11 anos - 6º de Primaria.
Érase unha vez unhas nenas detectives que se chamaban: Paula, Noa, Laura e Ainoa, que son eu.
Un día normal quedamos todas as amigas para dar un paseo, ir de compras e ese tipo de cousas. Ao final, as nenas fóronse de compras ao centro comercial Gran Vía.
Estábamos entrando na tenda de Claire's e dímonos conta de que roubaron todo e, ademais diso, había unha muller e unha nena asasinadas.
Cando o vimos, quedámonos estupefactas, puxémonos a ver toda a tenda e dicir o área do crimen. Encontramos unhas poucas pistas: estaban as armas do crite (coitelo, pistolas, laxantes, calambres...) un sprai de menta, a carteira da asasinada (dentro había maquillaxe, o seu moedeiro o seu carne de identidad e unha lima de unllas) as pegadas das solas dos seus zapatos (Gucci personalizado únicos), e toda a tenda estaba chea das pegadas dactilares do criminal.
Nós tivemos que empezar a investigar (aínda que estiveramos de vacacións) o crimen.
O primeiro que fixemos foi ver quen eran as persoas asasinadas.
Para sabelo collimos o carnet de identidade da muller e descubrimos que se chamaba Ana María Letales Martínez. Despois vimos se a nena tiña algo que ver coa muller, e exacto!! A nena era a filla da muller e chamábase Clara Iglesias Letales. O seguinte que fixemos foi investigar a idade da nai e da súa filla. A nai tiña 39 anos e a nena 14 anos. Logo dirixímonos á tenda de Gucci a investigar quen lles personalizara e vendera as zapatillas. Preguntamosllo á dependenta e díxonos que los personalizaron e venderon ao presidente de Estados Unidos Donald Trump, ou como o chamaba toda a xente, Pato Donald trampolín ou tramposo Mintiroso.
Aínda non estabamos seguras das nosas sospeitas así que, extraímos as pegadas dactilares da forma que nos ensinaran as investigadoras profesionais de Project MC Escuer.
A forma é moi sinxela. Collemos minas de varios lápices de grafito e convertímolos en pó. Utilizamos un pouco de ese pó e cunha brocha pasámola por riba da pegada dactilar. Soplamos con moito coidado e poñemos un trozo de fixo enriba da pegada. E efectivamente, as pegadas eran de Donald Trump. Así que por último fomos onde vivía o alcalde para facerlle un interrogatorio. (E como todos os criminais cando lles preguntan che minten, levamos o detector de mentiras que prestounos de Project MC Escuer).
Cando chegamos a casa do presidente, petamos na porta e preguntamos se podíamos falar con el. O presidente preguntounos que queríamos e contestámoslle que, facerlle unhas preguntas, que eramos AS NENAS DETECTIVES.
O presidente aceptou e dixémoslle que íamoslle por unha máquina máxica (o detector de mentiras).
-Mercaches unhas zapatillas de Gucci personalizadas únicas?
-Non, contestou.
-É mintira -dixémoslle nós.
-E como o sabedes?
-Aparte de porque os levas postos agora mesmo?
-Matache a unha muller e a súa filla?
-Non, iso non é certo.
O detector de mintiras pitou dicindo que era mintira.
-Estás mintindo!!
E volveu a mintir.
-Vai ser mellor que digas a verdade, se mintes será peor.
Ao final admitiuno.
-Si fun eu, eu roubei todo o da tenda e asasineia a muller que me vira e ía chamar a policía. Entón a matei. Logo chegou a súa filla e viu a súa nai morta. Ía contarllo á xente e tiven que matala.
-Pero, porque fuches a roubar toda a tenda?
-Eu fun roubar á tenda para darlle todo a miña filla, sen ter que pagar todo iso, porque é todo moi caro e non mo podo permitir. A miña filla ponse moi triste, porque todas as súas amigas levan roupa, zapatos, bolsos... de marca e é todo moi caro. As nenas fanlle bulling, tómanlle o pelo, deixana apartada e todas esas cousas. Eu fíxeno pola felicidade da miña filla e para que a deixaran en paz. Síntoo moito, farei todo o que sexa pero só quero que a miña filla sexa feliz e a deixen tranquila, por favor.
-Vale. Faremos o que poidamos, pero temos que levarche á policía a que llo contes todo. Ao final deixaron ao pai libre e, cada certo tempo, cóbranlle un diñeiro para o coidado da súa filla.
E as nenas e nenos do colexio deixaron en paz a nena. CASO RESOLTO!!!
E todo vouveu a normalidade como antes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.