venres, 20 de decembro de 2019

O ÚLTIMO BARCO


O ÚLTIMO BARCO
Autor: Domingo Villar
Edita: Editorial Galaxia, SA

Xénero: Literatura Galega - Narrativa

A filla do doutor Andrade vive nunha casa pintada de azul, nun lugar onde as parias de ondas mansas contrastan co bulir da outra beira. Alí, as mariscadoras pescudan na area, os mariñeiros botan os aparellos á auga e os que van traballar á cidade agardan no pairao a chegada do barco que cruza cada media hora a ría de Vigo.

Unha mañá de outono, mentres a costa galega se recupera dos estragos dun temporal, o inspector Caldas recibe a visita dun home alarmado pola ausencia da súa filla, que non se presentou a xantar coa familia na fin de semana nin acudiu o luns a impartir a súa clase de cerámica na Escola de Artes e Oficios.

E, aínda que nada pareza alterado na casa nin na vida de Mónica Andrade, Leo Caldas axiña ha de comprobar que na vida, coma no mar, a máis apracible das superficies pode agochar un fondo escuro de correntes devastadoras.

ISBN: 978-84-9151-304-9
Nº de páxinas: 794
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 13,5 x 21 cm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.