domingo, 8 de decembro de 2019

ENTREGA DE PREMIOS DO "II CERTAME DE RELATO CURTO" DE PAZOS DE BORBÉN


Mércores 18 de decembro ás 13:00 horas terá lugar no Auditorio do Concello o Acto de Entrega de Premios do II CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN.

O prazo para a presentación dos relatos rematou o pasado 15 de novembro e, nesta ocasión, participaron 77 alumnos e alumnas de 1º a 6º de Primaria e de 1º a 4º de ESO do CPI “Curros Enríquez” de Pazos que presentaron un número igual de relatos nas distintas categorías:
A - 1º e 2º de primaria     10 relatos.
B - 3º e 4º de primaria     17 relatos.
C - 5º e 6º de primaria     40 relatos.
D - 1º e 2º de ESO            5 relatos.
E - 3º e 4º de ESO            5 relatos.
Nesta edición presentáronse 13 traballos máis que na I edición do Certame realizada no pasado ano 2018.

O obxectivo de esta segunda edición é a de seguir fomentando a creatividade entre o alumnado do municipiopotenciar a expresión e a comprensión escritaestimular o uso da lingua galegafomentar a escrita na nosa lingua entre os mais mozos -particularmente no ámbito da narrativa/relato breve- e facilitarlles unha motivación para facelo como é a de participar nun concurso ou certame.


O xurado -presidido pola Concelleira Mª Dolores Santoro Couñago, no que actuou como secretario José Manuel Soto Virulegio, funcionario encargado da Biblioteca Municipal; e no que formaron parte como vocais os mestres do CPI "Curros Enríquez" de Pazos Uxía Porritt Lueiro e Manuel González Pastoriza; e as escritoras Andrea Barreira Freije e Rocío López Núñez- reuníuse fai uns días para decidir sobre os premiados nesta 2ª edición e coincidiu en valorar o excelente nivel medio dos traballos presentados, así como a meritoria e destacable labor que desenrolaron os pais, nais, titores e profesores dos alumnos participantes para documentar, dirixir e canalizar debidamente os relatos.

Os galardoados daránse a coñecer no acto que se celebrará o próximo 18 de decembro.

Esta actividade forma parte do programa de obradoiros e concursos de creación literaria incluído no proxecto de promoción e dinamización da lingua galega do Concello de Pazos de Borbén patrocinado pola Deputación Provincial de Pontevedra; e tamén conta coa colaboración da Fundación Filomena Rivero Alonso de Redondela.


ANIMÁMOSVOS A ACUDIR ÁS ACTIVIDADES ORGANIZADAS POR BIBLIOPAZOS!!!

ESPERÁMOSVOS!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.