venres, 6 de decembro de 2019

"ELAS TAMÉN CONTAN" con OLGA CUERVO


O Mércores día 11 de Decembro ás 13:00 horas na Sala de Lectura terá lugar unha actividade organizada pola FUNDACIÓN FILOMENA RIVERO ALONSO de Redondela e na que colaboramos a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén e o Colexio Público Integrado “Curros Enríquez” de Pazos.

Esta actividade consiste na actuación da actriz e contadora de historias asturiana OLGA CUERVO co seu espectáculo infantil de narración oral “ELAS TAMÉN CONTAN” na que participarán os alumnos de 1º e 2º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos de Borbén e os usuarios da Asociación ASPAVI.

“A nosa protagonista descubriu os contos moi cedo. Da man da súa avoa. Despois foi a súa nai a que a convidou a ir á biblioteca. Logo foron as historias de nenas valentes e que perseguían os seus soños as que máis lle chamaban a atención. Estaba claro! Elas contaron, contan e contarán moito na súa vida. Historias de bruxas, de patios de recreo e de todo o que ti poidas soñar (e contar).”

Esta actividade forma parte do programa de colaboración da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén coa Fundación Filomena Rivero Alonso de Redondela.

ANIMÁMOSVOS A ACUDIR ÁS ACTIVIDADES EN BIBLIOPAZOS!!!

ESPERÁMOSVOS!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.