xoves, 5 de decembro de 2019

"CON CIENCIA DE MULLER"


Continuaremos as actividades o Martes día 10 de decembro ás 13:00 horas na Sala de Lectura da Biblioteca coa actividade de divulgación e difusión da ciencia en galego “CON CIENCIA DE MULLER” a cargo de EDUVÍA Xestión, Cultura e Lecer SL coa que se pretende que os escolares coñezan a algunhas das moitas mulleres científicas galegas que destacan ou destacaron polos logros acadados nos seus respectivos campos de investigación e cómo contribuíron con eles ao progreso da humanidade. Ángeles Alvariño, Ramona Vaamonde ou Begoña Vila Costa... son soamente algunhas delas.

"Dúas animadoras, caracterizadas como científicas, presentarán de forma lúdica a algunhas das científicas galegas máis destacadas, dando exemplos dos seus logros e amosándoas como referentes para as xeracións presentes e futuras promovendo así a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes na área científica e tecnolóxica. As presentacións intercalaranse con algúns experimentos sorprendentes (e inofensivos), buscando fomentar o interese pola ciencia dos asistentes."

Participarán deste evento os alumnos de 3º e 4º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos.

Esta actividade forma parte do programa de divulgación científica en galego incluído no proxecto de promoción e dinamización da lingua galega do Concello de Pazos de Borbén patrocinado pola Deputación Provincial de Pontevedra.

ANIMÁMOSVOS A ACUDIR ÁS ACTIVIDADES ORGANIZADAS POR BIBLIOPAZOS!!!

ESPERÁMOSVOS!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.