venres, 8 de novembro de 2019

VERSOS E VICEVERSOS


VERSOS E VICEVERSOS
Autores: Antonio García Teijeiro e Juan Carlos Martín Ramos
Ilustraciones: Juan Ramón Alonso
Edita: Kalandraka Editora

Xénero: Literatura Infantil - Poesía

Idade recomendada: +7 anos

Dúas voces alternándose? Unha voz que resulta da unión de dúas voces? Ou un libro de versos escrito a catro mans? E con eles, Juan Ramón Alonso, o ilustrador que nos achega as súas mans de artista.
[Fragmento do limiar, de Antonio Rubio]

Dous poetas, o galego Antonio García Teijeiro e o andaluz Juan Carlos Martín Ramos, unen as súas voces amigas nesta obra coral a que se suma o ilustrador Juan Ramón Alonso, artesán da imaxe gráfica que potencia o lirismo destos versos.

Os autores trenzan os seus pensamentos e emocións nunha rede de palabras hermanadas polas suas linguas de orixen: cada poema o precede unha estradiña poética que alterna o galego e o castelán, inspirando outros versos no idioma contrario a modo de réplica literaria. Ese diálogo cultural trascende ao íntimo cando o poeta conversa con él mesmo a través do seu caderno, invoca recordos da infancia, a sua identidade e as súas raíces; pero tamén é un diálogo que se proxecta máis alá das páxinas do libro, interpelando os seus destinatarios.

Surxe ahí a faceta social de estes "Versos e Viceversos" que condenan a guerra e o deterioro do planeta, añoran os contos de antaño e fan un eloxio da lectura. Tampouco falta a dimensión lúdica que plantexa conquistar o reflexo da Lua na auga ou descifrar unha carta en branco.

Porque o clasicismo formal destes poemas non é uniforme; as estructuras modernízanse e alixéranse, conservando a intensidade poética. Porque o clasicismo formal das ilustracións figurativas -lapis de colo e suaves acuarelas- contrasta co seu calado simbólico. E ambos elementos, textos e imaxes, son a chave da memoria.

ISBN: 978-84-8464-432-3
Nº de páxinas: 64
Encadernación: Tapa dura
Formato: 15,5 x 24 cm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.