sábado, 16 de novembro de 2019

"SEICA" de LORENA PINHEIRO no 4º CICLO DE TRADICIÓN ORAL "FALAR POR FALAR" DE PAZOS DE BORBÉN


4º CICLO DE TRADICIÓN ORAL
"FALAR POR FALAR"
DE
PAZOS DE BORBÉN

Seguiremos o venres 22 de novembro có 4º CICLO DE TRADICIÓN ORAL "FALAR POR FALAR" no que estará con nós a veciña do Condado LORENA PINHEIRO cunha versión para adolescentes do seu show "SEICA", un espectáculo cheo de emoción, diversión e reflexión empregando como ferramenta un dos apeiros máis antigos da humanidade: as historias contadas.

Historias, contos e faladurías recollidas na parroquia da narradora e no seo da súa familia, acompañando o espectáculo de pequenas intervencións musicais ao estilo Saladina, a súa avoa e unha das protagonistas das historias que sucederon en Meder, alá polos anos 40.

Iniciará as súas actuacións ás 13:00 horas cunha versión para adolescentes á que asistirán os rapaces de 3º e 4º de ESO e varios usuarios da Asociación ASPAVI.

Pola tarde/noite ás 20:00 horas ofreceranos outra sesión especial de "SEICA"  para público adulto.

Esta actividade forma parte do programa 4º Ciclo de Tradición Oral incluído no proxecto de promoción e dinamización da lingua galega do Concello de Pazos de Borbén patrocinado pola Deputación Provincial de Pontevedra.

ENTRADA DE BALDE ATA COMPLETAR
O AFORO DO LOCAL

ANIMÁMOSVOS A ACUDIR ÁS ACTIVIDADES ORGANIZADAS POR BIBLIOPAZOS!!!

ESPERÁMOSVOS!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.