luns, 11 de novembro de 2019

OBRADOIROS CIENTÍFICOS "KIDS" E "WATER"


A seguinte actividade deste mes de novembro son os Obradoiros científicos "KIDS" e "WATER" que terán lugar o Luns 18 de Novembro á11:00 e 13:00 horas na Sala de Lectura da biblioteca e que serán levados a cabo polo equipo de CIENCIA EN MOVEMENTO, unha iniciativa dun grupo de científicos interesados en promover a cultura científica e achegar a ciencia aos estudantes de forma atractiva, interactiva e práctica.

Nesta actividade participarán os alumnos de 2º e 3º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.

No obradoiro "KIDS" haberá multitude de experimentos no que os participantes xogarán con globos, confetti, carreiras de latas e cun fluído moi estraño que levarán de recordo. A materia é impresionante! 

Pola súa parte o obradoiro "WATER" terá como fío condutor o auga, e nel os participantes aprenderán as súas peculiaridades propiedades e distintas posibilidades. Ademáis, todos os participantes levarán para a súa casa o seu propio submarino construído durante o obradoiro, ao máis puro estilo Xulio Vernil. 

Esta actividade forma parte do programa de divulgación científica en galego incluído no proxecto de promoción e dinamización da lingua galega do Concello de Pazos de Borbén patrocinado pola Deputación Provincial de Pontevedra.

Nesta actividade é OBRIGATORIA A INSCRICIÓN PREVIA CHAMANDO AO TELÉFONO da biblioteca nº 986 497 273.

ANIMÁMOSVOS A ACUDIR ÁS ACTIVIDADES ORGANIZADAS POR BIBLIOPAZOS!!!

ESPERÁMOSVOS!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.