mércores, 13 de novembro de 2019

"MAXIA VS. CIENCIA" espectáculo de divulgación científica


mércores día 20 de Novembro teremos un novo espectáculo do MAGO PACO de A Illa dos Nenos co nome de "MAXIA VS. CIENCIA" que mestura dúas disciplinas, a Ciencia e a Maxia, que a priori non teñen nada en pero acabará demostrando o moito que se parecen e todo o que comparten unha vez que nos achegamos a elas dunha maneira diferente e moi divertida.

Coa axuda deste mago un tanto tolo e fascinado polo mundo dos experimentos e da maxia a partes iguais, descubriremos algúns dos porqués dalgunhas das diferentes partes da ciencia como: As cores, as matemáticas, o son, a astronomía ou os efectos ópticos e de 3D. As veces sen poder case distinguir se verdadeiramente é cousa de maxia ou polo contrario, o que vemos, tocamos ou facemos ten unha explicación científica.

Un espectáculo dinámico e moi entretido que interactúa constantemente cos participantes facéndoos cómplices e protagonistas de cada experiencia.

Terá lugar en dúas sesións ás 11:00 e ás 13:00 horas nas que participarán os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos.

Estas actividade enmárcase no programa de divulgación científica en galego incluído no proxecto de promoción e dinamización da lingua galega do Concello de Pazos de Borbén patrocinado pola Deputación Provincial de Pontevedra.

Nesta actividade é NECESARIA A INSCRICIÓN PREVIA CHAMANDO AO TELÉFONO da biblioteca nº 986 497 273.

ANIMÁMOSVOS A ACUDIR ÁS ACTIVIDADES ORGANIZADAS POR BIBLIOPAZOS!!!

ESPERÁMOSVOS!!!

2 comentarios:

  1. Unha actividade estupenda! Ao meu fillo encantoulle. Moitas gracias👏🏼👏🏼😊

    ResponderEliminar
  2. Grazas polo teu comentario Africa e por compartir a túa experiencia.
    A túa participación axúdanos a mellorar.

    ResponderEliminar

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.