sábado, 2 de novembro de 2019

"CASO PECHADO" e "PALABRAS NA BOCA" de RAQUEL QUEIZÁS no 4º CICLO DE TRADICIÓN ORAL "FALAR POR FALAR"


4º CICLO DE TRADICIÓN ORAL
"FALAR POR FALAR"
DE
PAZOS DE BORBÉN

Comenzaremos o ciclo o día 8 de novembro con dúas actuacións de RAQUEL QUEIZÁS.

Ás 13:00 horas estará cos rapaces de 3º e 4º da ESO e con varios usuarios da Asociación ASPAVI co seu espectáculo "CASO PECHADO", dirixido especialmente a un público adolescente que recolle lendas urbanas, relatos de misterio e historias de terror. Nel unha detective fala dos casos máis curiosos que tivo que investigar, case todos foron resoltos, son casos pechados, agás un.

Con CASO PECHADO a narradora quere partillar cos adolescentes a súa fascinación polas historias de terror, misterio e o cine negro. As mozas e mozos son os protagonistas, tanto axudando a resolver casos como a recrear as situacións nas que tiveron lugar os sucesos.

Ás 20:00 horas volverá a actuar Raquel Queizás cun espectáculo dirixido a público xuvenil e adulto para ofrecerlles o seu show "PALABRAS NA BOCA", un espectáculo baseado nas lendas que pasou escoitando na súa nenez que contan as pedras de tempos máxicos e remotos. Palabras na boca da súa nai, palabras na boca da súa avoa, palabras que a alimentaron e a fixeron crecer. Deambulando entre historias vividas e lidas, namorouse. Palabras na boca trae para compartir e urdir relatos coa súa voz... e coas súas mans.

Esta actividade forma parte do programa 4º Ciclo de Tradición Oral incluído no proxecto de promoción e dinamización da lingua galega do Concello de Pazos de Borbén patrocinado pola Deputación Provincial de Pontevedra.

ENTRADA DE BALDE ATA COMPLETAR
O AFORO DO LOCAL

ANIMÁMOSVOS A ACUDIR ÁS ACTIVIDADES ORGANIZADAS POR BIBLIOPAZOS!!!

ESPERÁMOSVOS!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.