sábado, 14 de setembro de 2019

OS CAZATESOUROS DA REDE - Intérnate no mundo dixital


Continuamos coa programación de actividades de Animación á Lectura e o Venres 20 de setembro, contaremos cunha nova actividade impartida polos monitores de EDUVÍA Xestión, Cultura e Lecer S.L., que baixo o título "OS CAZATESOUROS DA REDE" fará que nos internemos no mundo dixital para conseguir atopar as pistas dun mapa que nos levarán a atopar un tesouro.

Este divertido xogo de pistas promove a aprendizaxe a través de internet dunha forma lúdica e segura.

Realizarase na Aula de Informática de BiblioPazos ás 13:00 horas e a ela están convidados os alumnos de 6º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.

Esta actividade enmárcase no programa de dinamización lingüística no medio natural e novas tecnoloxías para a promoción e dinamización da lingua galega promovido pola Concellería de Cultura a través da Biblioteca Pública Municipal e patrocinado pola Deputación Provincial de Pontevedra.

VEN A BIBLIOPAZOS A PARTICIPAR DAS ACTIVIDADES!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.