martes, 17 de setembro de 2019

CÍRCULO


CÍRCULO
Autor: Suso de Toro.
Edita: Edicións Xerais de Galicia.

Xénero: Literatura Galega - Narrativa.

Círculo é un libro continuo e pechado sobre si mesmo, como a serpe Uroboros que se morde o rabo, e que encerra o mundo terrible e maravilloso, múltiple e repetido. Un libro como unha burbulla, un vaso hermético que contén nun éter de melancolía as historias que forman o argumento da vida.

Círculo reflicte o transcorrer do tempo, a vida que acepta a existencia da morte dentro de si.

Círculo é tamén o retorno de Nano, ese parvo lúcido que coa súa ollada melancólica e desconcertante ilumina ángulos escuros da existencia. Con esta obra, Suso de Toro sorpréndenos unha vez máis, consegue outra volta de torca e vólvenos a atrapar no seu mundo tecido cos fíos invisibles de emocións profundas e perturbadoras

ISBN:84-8302-317-2
Nº de páxinas: 239
Encadernación: Tapa branda
Formato: 22 x 14 cm



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.