sábado, 13 de xullo de 2019

AS PENLAS DE REDONDELA


AS PENLAS DE REDONDELA
Autor: Telmo Crespo Tojeiro
Edita: Imprenta Amador Pérez

Xénero: Literatura en Galego - Folclore

Este traballo está baseado, en grande parte pero non todo, no contido dun cartapacio de máis de cincocentas follas manuscritas de Castro Sampedro y Folgar (Redondela 1848 - Pontevedra 1937), pertencente ao Fondo Sampedro do Arquivo Documental do Museo de Pontevedra.

O período cronolóxico no que se encadraría o conxunto de notas referídas ao Corpus de Redondela é difícil de establecer debido á mestura e desorde que mostra a súa recollida e aos tempos verbais utilizados na súa escrita.

Aínda así, algúns datos fan supoñer que algúns dos feitos contados poderían estar referidos a situacións coñecidas do seu tempo ou vividas.

Nº de páxinas: 41
Encadernación: Tapa dura
Formato: 23 x 15 cm.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.