O PAXARO DO MEL
Autor: Adolfo Caamaño
Edicións Xerais de Galicia, S.A
Colección: Fóra de Xogo
Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa
OS IRMÁNS Kassai e Yaíza, pastores da tribo dos danákil, e Mario, o amigo italiano que chegou ás afastadas Terras de Abisinia para reunirse co seu pai, deberán enfrontarse ao temible míster Angus Harris e a súa banda de zaiñeiros que secuestraron a Saíhba, a súa nai, e a outros veciños da aldea danákil para vendelos como escravos.
Os tres rapaces, coa intención de liberar aos seus, emprenderán unha difícil persecución da caravana, véndose obrigados a atravesar a selva prohibida, onde entre as ruínas dun templo atoparán a árbore do saber, o mono do papiro e seguirán a estela da cor vermella do paxaro do mel.
ISBN: 84-9782-411-2
Nº de páxinas: 336
Encadernación: Tapa branda
Formato: 21 x 13 cm.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.