venres, 31 de maio de 2019

VIOLETA TAMURANA


VIOLETA TAMURANA
Autora: Andrea Maceiras
Ilustrador: Rodrigo Chao Blanco
Edita: Baía Edicións
Colección: Meiga Mora

Idade recomendada: +12 anos

Xénero: Literatura Infantil en Galego  - Narrativa

As fermosas tamuras, capaces de provocar bágoas coa súa beleza, son unhas flores únicas que só medran no corazón volcánico da illa de Tamurana, a máis especial das que forman o Arquipélago Perdido. A pesar da vida harmoniosa que durante séculos levaron os habitantes do Arquipélago, unha maldición pesa sobre as súas vidas e tamén, sobre a das illas: a súa con violeta.

Por iso, cando uns intrusos de vestimenta branca comezan a devastar Tamurana, Pao sabe que, se quere salvala, debe arriscar a súa vida para chegar máis lonxe do que nunca imaxinou.

Na súa procura de respostas, Pao tentará descubrir o segredo máis prohibido, capaz de enfrontar dous mundos , mais tamén comprenderá o valor do coñecemento e o significado da unión e da amizade, gañando o dereito de se atrever a ser diferente e recobrando, finalmente, a maxia de cor violeta.

ISBN: 978-84-92630-85-1
Nº de páxinas: 218
Encadernación: Tapa branda
Formato: 20 x 13 cm.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.